Pestanas principais

Ábrese o prazo de inscrición para o Xuño lúdico e a Escola de verán

Luns, 16 de maio de 2011

[16-05-2011] Aproxímase o verán e o Concello de Ames pon en marcha un ano máis os programas do Xuño lúdico e a Escola de verán. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño lúdico desenvolveranse durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. Por outra banda, a Escola de verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O prazo para apuntarse nestes dous programas estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio. Para obter máis información sobre o Xuño lúdico e a Escola de verán podes premer nas ligazóns que hai ao pé deste anuncio. Ademais pódese descargar os impresos de inscrición.