Pestanas principais

Ábrese o prazo de inscrición para as actividades da Primavera Lúdica

Luns, 28 de marzo de 2011

[28-03-2011] Como en anos anteriores, o Concello de Ames, pon en marcha a Primavera Lúdica, dirixida aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria, e que estean empadroados no concello de Ames. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo durante as vacacións escolares, permita as nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. A Primavera Lúdica desenvolverase durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril en horario de 07:30 h. a 16:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 26 de marzo. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás obter máis información sobre este programa lúdico.