Venres, 28 de setembro de 2012
[28-09-2012] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, organizou un curso de iniciación á calceta que se desenvolverá no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, durante sete venres dos meses de outubro e novembro, en horario de 18:30 h a 20:00 horas. Esta actividade é totalmente gratuíta e para inscribise só hai que chamar aos números de teléfono 662 377 544 / 660 004 665 ou enviar un correo electrónico aos enderezos auladanatureza@concellodeames.org ou medioambiente@concellodeames.org. A través desta actividade trátase de reducir o consumo e que a veciñanza amiense poida reciclar a la dunha peza de roupa que non empregan para elaborar outra peza. Este curso está dirixido a persoas de 12 anos en diante.




