Pestanas principais

Ábrense ao público os espazos de lecer do sector S-14 no Milladoiro

Martes, 17 de maio de 2011

[17-05-2011] Este martes abriranse ao público as zonas verdes e de xogo que están incluídas dentro do S-14 do Milladoiro. Estes espazos de ocio divídense en dúas zonas que se encadran no medio de catro edificios de vivendas. A primeira zona conta cunha pista para xogar á chave, zonas axardinadas, unha pérgola e zona libre con bancos para descansar. A segunda zona dispón dunha pista polideportiva, pista de patinaxe, zonas axardinadas e un parque infantil para que poidan xogar os nenos/as. A partir das 12:00 horas os rapaces e rapazas do Milladoiro Sociedade Deportiva disputarán varios partidos para estrear esta pista polideportiva. Ademais haberá unha demostración de chave. Estas instalacións foron construídas pola Xunta de compensación que tiña a o abriga de urbanizar os espazos públicos do S-14. As obras tiveron un custo de 883.480,30 euros.


Unha vez rematadas as obras de urbanización e para dotar dos correspondentes espazos verdes e de lecer ao sector S-14 do Milladoiro, mañá abriranse estas instalacións ao público para que toda a veciñanza amiense, e en especial a do Milladoiro, poida gozar e empregar estas zonas de esparexemento e de lecer.

Para estrear estas instalacións o Concello de Ames organizou para este martes 17 de maio unha serie de actividades deportivas co fin de dar a coñecer estas novas zonas de lecer. A partir das 12:00 horas os rapaces e rapazas do Milladoiro Sociedade Deportiva van a disputar varios partidos de fútbol sala co fin de estrear a nova pista polideportiva que se realizou nesta zona do Milladoiro. Ademais vaise facer unha demostración de chave. Varios xogadores que practican este deporte tradicional disputarán unha partida na pista que se acaba de estrear neste espazo de lecer.

Estas instalacións sitúanse no S-14. As zonas verdes e de xogo divídense en dúas zonas e encádranse no medio de dous bloques de vivendas. A primeira zona está encadrada entre os edificios chamados bloque 1A, bloque 1B, bloque 2A e bloque 2B. Mentres que a segunda zona de ocio está entre os edificios chamados bloque 3A, bloque 3B, bloque 4A e bloque 4B.

A primeira zona conta cunha pista para xogar á chave, zonas axardinadas, unha pérgola e zona libre con bancos para descansar. A segunda zona dispón dunha pista polideportiva, pista de patinaxe, zonas axardinadas e un parque infantil para que poidan xogar os nenos/as. Estas instalacións foron construídas pola Xunta de compensación que tiñan a o abriga de urbanizar os espazos públicos do S-14. As obras tiveron un custo de 883.480,30 euros.

Deste xeito, estase intentando que nos sectores urbanizables nos que se está construíndo se executen novos espazos verdes e de lecer, para mellorar a habitabilidade de toda a veciñanza amiense e para mellorar a calidade de vida das persoas que adquiren unha vivenda en Ames.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "O Milladoiro gana pistas deportivas y de ocio en el S-14"
La Voz de Galicia: "Nuevas zonas de ocio en Milladoiro"