Pestanas principais

Abren as novas pistas deportivas de pádel e baloncesto que se atopan na área deportiva de Bertamiráns

Luns, 08 de marzo de 2021

Dende a Concellaría de Deportes infórmase de que trala actualización das medidas de restrición pola Covid-19 do pasado 26 de febreiro, que permiten a práctica deportiva en pistas ao aire libre, procedeuse a abrir as novas pistas de pádel e baloncesto que están situadas na área deportiva de Bertamiráns. Estas pistas foron recepcionadas por parte do Concello no pasado mes de xaneiro. Nas obras, que foron sufragadas con cargo ao POS+ 2019, investíronse 144.303,27 euros. Dentro do mesmo proxecto realizouse tamén a reforma de dous vestiarios, un para homes e outro para mulleres, no interior do pavillón municipal. A reserva da pista de pádel pódese facer de xeito online a través do programa Cronos.

As novas pistas de pádel e de baloncesto construíronse na área deportiva de Bertamiráns, ao carón da piscina descuberta e do campo de fútbol, logo de derrubar os muros existentes e mailas gradas da pista de tenis e lograr un espazo aberto sobre o que se asentaron as novas instalacións. A pista de pádel dispón dun peche perimetral executado con piares de aceiro laminado de catro metros de altura e catro puntos/torres de iluminación, mentres que a pista de baloncesto dispón de catro puntos de luz. Este proxecto foi adxudicado por un importe de 89.353,66 euros á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos SL.

Este proxecto contemplouse tamén coa reforma de dous vestiarios, un para homes e outro para mulleres, no interior do pavillón municipal de Bertamiráns. O acceso realízase desde o vestíbulo que une o exterior do pavillón, zona da piscina coa pista interior, de forma que poidan acceder os usuarios da piscina, do anexo do pavillón e do propio pavillón. Os vestiarios teñen unha zona de bancos e ao fondo unha zona de duchas colectivas. Tamén se acondicionou o espazo que actualmente se utiliza como almacén dos socorristas. Este proxecto foi adxudicado á empresa CYS HISPANIA SL por un importe de 54.949,61 euros.

Dende a Concellaría de Deportes infórmase de que trala actualización das medidas de restrición pola Covid-19 do pasado 26 de febreiro, que permiten a práctica deportiva en pistas ao aire libre, procedeuse a abrir estas novas pistas de pádel e baloncesto. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares están abertos ao público e neles respectarase unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto. A reserva da pista de pádel pódese facer de xeito online a través do programa Cronos.

Ampliación do pavillón polideportivo de Bertamiráns
Por outra banda, cómpre lembrar que está en fase de licitación o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras de ampliación do pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns por valor de 499.997,57 euros (IVE incluído). A actuación está prevista no orzamento municipal de 2020. Estas obras sumaranse ao proxecto xa executado de ampliación do pavillón de Bertamiráns, que conta cun anexo dotado dunha nova sala de ximnasio e unha pista de squash cuberta, no que se fixo un investimento de 97.795 euros.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, manifesta que o Concello de Ames aposta polo fomento do deporte como xeito de acadar unha sociedade sa e activa. “Trala actualización das medidas de restricións aprobadas pola Xunta de Galicia o pasado 26 de febreiro, abríronse as novas pistas de pádel e baloncesto, que xa foron recepcionadas no pasado mes de xaneiro, pero que aínda non puideran ser empregadas polas restrición para facer fronte á Covid-19. Estamos convencidos de que os usuarios e usuarias agradecerán o feito de poder dispoñer unhas instalacións modernas, cómodas e acaidas para a práctica deses dous deportes; pádel e baloncesto, disciplinas que cada vez teñen máis demanda no noso concello” destacou Susana Señorís.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames abre las pistas de pádel y baloncesto en el área deportiva de Bertamiráns"

Revista AmesGo: "Abren as novas pistas de pádel e baloncesto en Bertamiráns"

Imaxe da nova pista de pádel

Multimedia

  • Imaxe da nova pista de pádel
  • Visita do alcalde e da concelleira de Deportes á nova pista de pádel
  • Imaxe da nova pista de baloncesto
  • Imaxe aérea das novas pistas de pádel e baloncesto