Pestanas principais

Abre as súas portas a XII Feira do Comercio Val da Maía que permanecerá aberta durante toda a fin de semana

Venres, 10 de xuño de 2016

[10-06-2016] Este venres pola tarde, ás 18:00 horas, abríronse as portas da XII Feira do Comercio Val da Maía. Este ano uns 30 comercios, empresas e profesionais ofrecen os seus produtos e servizos con grandes descontos. Este ano, como novidade hai un espazo dedicado ao motor no que se expoñen vehículos de segunda man que están á venda. Ademais, cóntase cun programa de actividades alternativas. Este venres actúa o coro de nenos/as da Escola Municipal de Música de Ames, e mañá sábado, actuará o grupo amesán As Maianas. O domingo haberá unha sesión de zumba familiar. A entrada, como en anos anteriores, é de balde.

Actuacións das Maianas
Outra das novidades desta edición da Feira do Comercio son as actuacións musicais que se van a desenvolver dentro do propio pavillón durante toda a fin de semana. Así, o venres 10, ás 19:30 horas, actúa o coro de nenos e nenas da Escola de Música de Ames, e o sábado 11, ás 13:00 horas, será a quenda do grupo amesán As Maianas. Ademais, varios monitores/as da empresa Serviocio, Cultura, Deporte y Recreación SL, concesionaria do servizo de xestión do Centro deportivo A Telleira, impartirán unha actividade de zumba familiar o domingo 12, de 12:00 a 13:00 horas.

Ao longo dos tres días tamén se disporá de servizo de gardería, obradoiros para nenos/as e contacontos. Hai inchables gratuítos e un servizo de cantina no interior, e diversos postos de xeados, churros, rosquillas, refrescos e bocadillos, no exterior do recinto.

O presidente da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, Pablo Suárez, foi o encargado de abrir a XII Feira do Comercio Val da Maía. No acto de apertura estiveron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, as concelleiras do grupo municipal Ames Novo, Pilar Candocia e María Jesús Bóo, así como o concelleiro do grupo municipal popular, Francisco Javier Olmo.

Neste evento participan uns 30 comercios, empresas e profesionais, que ocupan unha superficie de 400 metros cadrados de exposición comercial. Nesta feira hai 29 stands de diferentes sectores (téxtil, calzado, roupa deportiva, viaxes, informática, ventás e pechamentos, perfumes, colchóns, etc.). Este evento estará aberto durante toda a fin de semana. O sábado e mailo domingo o horario de apertura será de 10:00 a 21:00 horas. A entrada é gratuíta. Na xornada de apertura a radio municipal, Ames Radio, realizou un programa especial con motivo da celebración deste evento.

Este ano, como novidade hai un espazo dedicado ao motor no que están expostos vehículos de segunda man que están á venda. Deste xeito instaláronse no exterior do pavillón 3 stands relacionados coa Expomotor con 29 vehículos ofrecidos por Mino Autos e Dimonorte (Peugeot). Un destes stands está ocupado polo taller de reparacións Bercero.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El motor será el protagonista en la feria de Val da Maía"