Pestanas principais

Abre o prazo para votar polo mellor deportista de Ames que será galardoado co premio do público na XI Gala do Deporte

Xoves, 02 de febreiro de 2017

[02-02-2017] O goberno municipal acaba de publicar na páxina web municipal unha enquisa na que se pode votar polo mellor deportista de Ames de 2016. O premio do público será entregado o vindeiro venres, 10 de febreiro, na décimo primeira Gala do Deporte que este ano se celebra na Casa da Cultura de Bertamiráns. As votacións poderanse realizar ata o vindeiro mércores, 8 de febreiro, na páxina web municipal. O resto de premios daranse a coñecer, ao igual que na edición anterior, no momento da celebración do evento.

Non podes medir o teu éxito se nunca fallaches, con esta frase da ex-tenista alemá, Steffi Graf, como lema, o Concello de Ames organiza a décimo primeira edición da Gala do deporte que este ano se celebra o venres, 10 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este ano como novidade, a veciñanza amesá poderá elixir ao mellor deportista de Ames do ano 2016. Para iso haberá que votar na enquisa que se acaba e publicar na páxina web do Concello.

Así, catro deportistas optan a este premio. Poderase votar polo xogador de squash, Borja Golán, que foi campión Europa en 2016 e que o ano pasado conseguiu o seu décimo cuarto campionato de España. A segunda opción é votar polo boxeador, Moncho Mirás, que é dúas veces campión de España do peso galo. Tamén se pode votar pola patinadora Nadia Iglesias, subcampioa de Europa, campioa nacional, galega e provincial xuvenil en 2016. A cuarta opción é votar polo futbolista do CD Lugo, Fernando Seoane, que leva xogando sete temporadas seguidas na segunda división do fútbol español, primeiro no Gimnástic de Tarragona e posteriormente no CD Lugo.

As votacións poderanse realizar ata o vindeiro mércores, 8 de febreiro, na páxina web municipal. O premio do público será entregado o vindeiro venres, 10 de febreiro, na décimo primeira Gala do Deporte. O resto de premios daranse a coñecer, ao igual que na edición anterior, no momento da celebración do evento. Como soe ser habitual este evento reunirá aos clubs e entidades deportivas do concello, así como as deportistas máis destacados durante o 2016 en Ames.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Abiertas las votaciones para elegir al mejor deportista de Ames en el 2016"