[31-05-2016] O Concello de Ames abre este mércores, 1 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas. Os interesados poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), no teléfono 619 842 504, en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas.
O departamento de Deportes informa de que para solicitar a tarxeta de usuario/a é preciso presentar o impreso de solicitude cuberto, unha foto de carné por cada usuario/a novo ou o carné do ano anterior se fose o caso, e mailo impreso de autoliquidación selado pola entidade bancaria onde se fixo o pago. O único requisito imprescindible para conseguir este abono é estar empadroado no Concello de Ames.
Para este verán ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos, menores de 18 anos, e fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual (14 euros) e o abono de tempada para menores de idade (7 euros). Tamén haberá abonos mensuais para adultos (7 euros) e para menores de 18 anos (5 euros). Os menores de 4 anos están exentos e non pagan. Ademais, ofrécense facilidades para familias numerosas e unidades familiares con poucos recursos.
Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando e o impreso para solicitar os carnés das piscinas municipais descubertas.




