[23-05-2017] Este luns, 22 de maio, abre o prazo para formalizar a matrícula nos campamentos municipais de verán. Os pais e nais cos nenos/as admitidos nesta actividade deberán facer efectiva a súa matrícula nos campamentos de verán seleccionados, cubrindo o impreso para tal efecto e axuntando a documentación que se solicita nas bases dos campamentos. Os impresos de matrícula pódense recoller no departamento de Medio Ambiente, na Casa do Concello, e nas Oficinas xerais do Milladoiro, mentres que o modelo de autoliquidación enviaráselle por correo electrónico ás persoas que así o solicitaron e o resto terán que recollelo na oficina de recadación municipal de Bertamiráns, situada na praza Horta de Abaixo, número 6, local 18. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de matrícula.




