Pestanas principais

Abre o prazo para inscribirse no Setembro Lúdico

Luns, 16 de xullo de 2012

[16-07-2012] Para ocupar o tempo de lecer que teñen os nenos e nenas dende o remate da Escola de verán e o comezo do curso escolar, a Concellaría de Educación pon en marcha o programa Setembro Lúdico. Esta iniciativa vai dirixida aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro. O prazo de inscrición ábrese hoxe e pechará o vindeiro 3 de agosto. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición neste programa e as bases dos programas lúdicos.