Pestanas principais

Abre o prazo para inscribirse no Club de lectura do Milladoiro

Xoves, 06 de outubro de 2011

[06-10-2011] Ler e comentar o que se le, viaxar aos lugares que se citan nun conto ou ver xuntos a película que se fixo sobre unha novela son algunhas das actividades do Club de lectura para adultos que se organiza na biblioteca do Milladoiro. O club realízase ao abeiro das campañas de animación á lectura que durante todo o ano desenvolven as bibliotecas municipais. Todas as persoas que estean interesadas en inscribirse no Club de lectura do Milladoiro deben anotarse ata o día 14 de outubro (inclusive) chamando ao número de teléfono 981 530 807 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org. Unha vez se peche o prazo de inscrición, haberá unha xuntanza para elixir os libros cos que se traballará e para definir o día e a hora na que se desenvolverá esta actividade.

Existe unha enorme variedade de programas e actividades destinados ao fomento da lectura para os cativos, pero, moitas veces, esquecese que os adultos poden precisar un empurrón para comezar a ler con asiduidade ou retomar un hábito de lectura perdido. Para iso creáronse os clubs de lectura de adultos, que naceron dentro das actividades de animación á lectura que as bibliotecas municipais desenvolven con regularidade ao longo de todo o ano.

Despois de dous anos de parada, bota a andar de novo o club de lectura do Milladoiro. Esta actividade interrompeuse hai dous anos e agora volve con forza para fomentar o hábito da lectura entre os adultos. Os Clubs de lectura de adultos naceron entre os meses de marzo e abril de 2006 dentro das actividades de animación á lectura das bibliotecas municipais. O prazo para apuntarse nesta actividade estará aberto ata o día 14 de outubro (inclusive). Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 530 807 ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org. Para poder desenvolver esta actividade é preciso xuntar polo menos 12 persoas.

Unha vez remate o prazo de inscrición, os membros do Club de lectura do Milladoiro realizarán unha reunión para definir os libros cos que traballarán e fixarán un día e unha hora para xuntárense. Nas súas xuntanzas elixirán libros en grupo, establecerán un prazo para ler un certo número de páxinas e despois comentalo, destacar frases curiosas e xerar un debate ao redor del regulado por un moderador. Está actividade, que se realizará na biblioteca municipal do Milladoiro, está aberta á participación de todos os adultos que queiran volver coller os libros.

Nos clubs de lectura intercambiaranse ideas e opinións sobre as lecturas realizadas, visitaranse lugares citados nos contos e nas novelas, veranse as películas realizadas sobre as obras, e, en definitiva, complementarase a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.

O seu obxectivo principal é o de familiarizarse coa lectura en voz alta, perdendo o medo a ler fronte aos demais. Ademais, farase un resumo e unha breve biografía do autor coas principais ideas que se queiran transmitir para contextualizar a obra. Para levar a cabo esta dinámica, o grupo ten que ler un libro elixido por todas/os, nun prazo previamente establecido, e despois comentalo e abrir un debate arredor da súa temática.

Pero este tipo de actividades non só potencian o uso da lectura, senón que van máis aló. Ademais, dentro das actividades de dinamización da lectura realizan saídas literarias. En definitiva, complementan a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Abre o prazo para inscribirse no Club de lectura do Milladoiro"