Pestanas principais

Abre o prazo para apuntarse nos obradoiros de deseño-impresión 3D e de electrónica que organiza a Concellaría de Mocidade

Luns, 12 de decembro de 2016

[12-12-2016] A Concellería de Mocidade organizou para este mes de decembro dous obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías: un obradoiro de deseño e impresión 3D e outro de electrónica, que se desenvolverán nas casa da cultura do Milladoiro e de Bertamiráns os días 23 e 29 deste mes. Estas actividades, incluídas na programación de Nadal, están dirixidas aos mozos/as que teñen de 12 anos en diante. Para inscribirse hai que cubrir un impreso que se pode descargar premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Posteriormente hai que entregalo nas oficinas da OMIX ou envialo por correo electrónico a omix@concellodeames.gal.

Tralo éxito que tiveron os obradoiros de robótica, organizados no Nadal de 2015, este ano dende a Concellaría de Mocidade programaron outras dúas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías. Deste xeito, o venres 23 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura o Milladoiro desenvolverase un obradoiro de deseño e impresión 3D. Para o xoves 29 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, tamén en horario de 10:00 a 14:00 horas, queda o obradoiro de electrónica.

Estas actividades están dirixidas aos mozos e mozas de 12 anos en diante. Os rapaces e rapazas que estean interesados en participar nestes obradoiros deberán de realizar a súa inscrición do 12 ao 21 de decembro. Para iso hai que cubrir un impreso que se pode descargar premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Posteriormente hai que entregalo nas oficinas da OMIX de Bertamiráns ou do Milladoiro. Outra opción é envialo por correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.

Para obter máis información poden poñerse en contacto coa técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) chamándoa ao número de teléfono 616 083 229 ou enviando un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.