[23-11-2016] Dende o 24 de novembro ata o 2 de decembro podes votar pola mellor peza dramática presentada ao concurso radiofónico de teatro lido de Ames, Desata a Lingua! A emisión desta pezas en Ames Radio (FM 107.2) comeza hoxe, 23 de novembro, e continuará ata o día 2 de decembro, en horario de 13:30 h a 14:30 horas e de 22:00 h a 23:00 horas. Repartiranse un total de 600 euros en tres premios dotados con 200 euros cada un. As votacións do público realizaranse enviando un e-mail ao correo radioteatro@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 981 890 452.


O concurso radiofónico de teatro lido pretende dinamizar dun xeito lúdico o uso oral e escrito do galego entre a mocidade amesá a través da reflexión colectiva e da creatividade. Intenta, ademais, fomentar o gusto polo teatro entre a mocidade e o achegamento á radio municipal. Estes son algúns dos obxectivos desta iniciativa posta en marcha polos departamentos de Normalización Lingüística, Mocidade e Comunicación do Concello de Ames.
Este ano presentáronse 8 grupos de rapaces e rapazas: 4 grupos do IES de Ames, 3 do Colexio Alca e 1 do IES do Milladoiro. Os textos están escritos e locutados en lingua galega. A temática foi libre, aínda que se valora que estea relacionada con algún tema de actualidade. Repartiranse un total de 600 euros en tres premios dotados con 200 euros cada un. As votacións do público realizaranse enviando un e-mail ao correo radioteatro@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 981 890 452.
O IES de Ames achegou 4 pezas, a maior representación desta edición do concurso radiofónico de teatro lido: O tío James, Soltar a lingua, O achado do Castro e Un día un tanto especial. Pola súa parte o colexio Alca presentou un total de 3 pezas: Olliño con Gumersindo!!, Estranxeirismos e As tartarugas do Congo. Finalmente o IES do Milladoiro participou con unha obra: Quita do medio que non es transparente!
En canto á participación do alumnado, o IES do Milladoiro aporta un total de 2 participantes; pola parte do IES de Ames participan 9 mozos e mozas e do colexio Alca un total de 14 estudantes.
Repartiranse 600 euros en premios
Repartiranse un total de 600 euros en tres premios dotados con 200 euros cada un: premio do público, premio ao mellor guión orixinal e premio á mellor interpretación. O Concello de Ames designará un xurado que será o encargado de seleccionar todos os premios, agás o do público. Os premios entregaranse nun acto público, o martes 20 de decembro, ao que asistirá todo o alumnado participante.
Votación da audiencia
A audiencia da radio municipal escollerá entre as pezas emitidas a que obterá o premio do público. A votación realizarase entre o 24 de novembro e o 2 de decembro (incluídos) a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.gal ou do teléfono 981 890 452. Os/as votantes terán que identificarse e só se computará un voto por persoa. Deste xeito, preténdese implicar a toda a cidadanía nesta actividade.







