Pestanas principais

Abre o prazo de renovación e preinscrición para o programa municipal de psicomotricidade educativa e preventiva

Martes, 16 de maio de 2017

[16-05-2017] A concellaría de Educación e Cultura acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos/as nesta actividade para o vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio. Os nenos e nenas que sexan admitidos/as terán que formalizar a matrícula entre o día 21 e o 30 de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.

Esta actividade, que está dirixida aos nenos/as de 3 a 6 anos (etapa de educación infantil), desenvólvese nas aulas de psicomotricidade dos colexios de infantil, en Bertamiráns no CEIP A Maía e no CEIP Agro do Muíño, e no Milladoiro na escola infantil desta localidade. A actividade levarase a cabo cunha periodicidade dunha sesión semanal, cunha duración dunha hora, o longo do curso escolar. O obxectivo xeral que se persegue co programa de psicomotricidade educativa preventiva é favorecer o desenvolvemento do neno/a.

Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos/as nesta actividade de cara ao vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio entregando a documentación que se lle require no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00h a 14:00 horas. Deste xeito, tanto o alumnado que xa participou neste programa este curso como os novos usuarios/as deberán realizar a correspondente renovación de praza ou preinscrición.

As familias interesadas en participar no programa de psicomotricidade educativa e preventiva poden recoller a ficha de preinscrición ou de matrícula no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e nas oficinas municipais do Milladoiro en horario de 9:00h a 14:00 horas. Ademais, tamén poden descargar o impreso de preinscrición na sección de Avisos da web municipal para logo entregalo cuberto nos mesmos lugares. O impreso de renovación de praza xa se lle entregou aos rapaces e rapazas que asistiron a esta actividade durante este curso.

Unha vez rematado o período de renovación de praza e preinscrición publicarase a lista de admitidos/as e o prazo e lugares de matrícula, nos taboleiros de anuncios do Concello en Bertamiráns e da Oficina Municipal do Milladoiro. O prazo establecido para formalizar a matrícula vai dende o día 21 ata o 30 de xuño. Para obter máis formación pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Clases amesás para mellorar a coordinación da rapazada"