Pestanas principais

Abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil

Mércores, 17 de outubro de 2018

[17-10-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2018-2019). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 18 de outubro ao 16 de novembro. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 8.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo no enlace que está á dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

As solicitudes poden ser presentadas tanto no rexistro xeral da Casa do Concello ou do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, como nas oficinas municipais no Milladoiro. As solicitudes tamén se poden presentar a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello. O prazo de presentación de solicitudes está aberto durante 30 días naturais, do 18 de outubro ao 16 de novembro. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476, do departamento municipal de Educación.
A convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar está dirixida ao alumando do segundo ciclo de educación infantil (dos 3 aos 5 anos), dos centros de ensino sostidos con fondos públicos. Estas bolsas permitirán financiar os gastos efectuados desde o 1 de xullo de 2018 ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, o 16 de novembro.

As unidades familiares solicitantes deberán estar empadroadas e residir de maneira efectiva no Concello de Ames no momento da solicitude. Outro dos requisitos que se debe cumprir é que as nenas e nenos, para os que se solicita a axuda, deben estar matriculados no curso escolar 2018/2019 en centros de ensino sostidos con fondos públicos, no segundo ciclo de educación infantil. De igual maneira, a renda per cápita de cada unidade familiar, computando os ingresos percibidos por todas as persoas integrantes no exercicio 2017, non debe ser superior ao 100% do IPREM anual con pagas extras, fixado para o exercicio 2017 na cantidade de 7.519,59 euros.

As familias cunha renda per cápita de menos do 50% do IPREM recibirán un importe máximo de 120 euros euros por nena ou neno, as que perciban unha renda per cápita de entre o 50% e o 75% do IPREM recibirán 100 euros e, por último, as que conten cunha renda per cápita situada entre o 75% e o 100% do IMPREM recibirán 80 euros.

Contido relacionado


Amsgo: "Abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil"