Pestanas principais

Abre o prazo de pre-inscrición para as prazas vacantes da Escola Municipal de Música de Ames

Martes, 07 de xuño de 2016

[07-06-2016] Dende o luns, 6 de xuño, abre o prazo de pre-inscrición na Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) para aqueles nenos e nenas que nunca estiveron matriculados. Os documentos para realizala estarán dispoñibles na páxina web e en oficinas municipais e poden entregarse ata o 17 de xuño. As prazas vacantes serán adxudicadas a través dun sorteo público que se levará a cabo na Casa da Cultura do Milladoiro o luns, 27 de xuño, ás 16:30 horas. Baixo o apartado de descargas, á dereita deste texto, están dispoñibles os documentos a cubrir e entregar.

A documentación deberá entregarse debidamente cumprimentada no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Concello no Pazo da Peregrina ou no rexistro da oficina municipal do Milladoiro. Non se aceptarán solicitudes fora de prazo.

Para máis información pódese acudir directamente á Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao teléfono 981535940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.