Pestanas principais

Abre o prazo de matrícula para os rapaces e rapazas admitidos/as no programa de campamentos municipais de verán 2021

Mércores, 19 de maio de 2021

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Mocidade, informa sobre o inicio do prazo de matrícula para os rapaces e rapazas que foron admitidos/as no programa de campamentos municipais de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos). Hoxe publicáronse as listas co resultado do sorteo de adxudicación de prazas nos campamentos que houbo máis solicitudes que prazas ofertadas.

O servizo de Campamentos de Verán 2021 está dirixido á rapazada que estea cursando educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Este ano ofrece máis campamentos e prazas, ademais de incorporar novos destinos. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio rural, ao deporte ou á cultura.

A situación xerada pola Covid-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deben de ter en conta medidas de prevención tales como a redución de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.

Matrícula
O prazo de matrícula está aberto do 19 de maio ata o 4 de xuño. As familias con rapaces e rapazas admitidos/as no programa de campamentos deberán achegar a seguinte documentación:
-Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
-Copia da tarxeta sanitaria.
-Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

Presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do concello en horario de 9h a 14h, sempre con CITA PREVIA (Teléfono: 881 074 710 / 881 074 711).

Pagamento (autoliquidacións)
O pagamento poderá fraccionarse en dous prazos (50% do custe cada un) segundo o sinalado no impreso de preinscrición. Os impresos para facer efectivo o pagamento, (autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado na preinscrición a tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.

Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial en:
•Oficina de Recadación de Milladoiro (Rúa Viorneira, número 6).
•Oficina de Recadación de Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, número 6). Tamén en horario de tarde os luns e mércores (de 16:15 a 18:30 horas).
•A través do correo electrónico ames@canaltributos.com

En caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderá descargala autoliquidación a través do enlace Oficina Virtual Tributaria que figura na web municipal (www.concellodeames.gal) ou a través da banca electrónica de ABANCA. De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.

Cartel do programa de campamentos de verán 2021

Multimedia

  • Cartel do programa de campamentos de verán 2021