[25-09-2018] A Oficina de Voluntariado de Ames abre o prazo de inscrición nun novo curso de corte, confección e patronaxe. Esta actividade, que conta con un número limitado de prazas e comezará en outubro, terá lugar nas aulas da Casa da Cultura de Bertamiráns, os xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para solicitar máis información poden chamar ao teléfono 662 377 044.
Un ano máis, a Oficina de Voluntariado de Ames organiza un novo curso de corte, confección e patronaxe, que será impartido polas mestras voluntarias Braulia Hernández e Herminia Abete. A actividade comezará o vindeiro mes de outubro, e realizarase todos os xoves en horario de 10.00 a 12.00 horas. Para acudir non será necesario dispor de útiles de costura, posto que tanto o material como as máquinas de coser serán proporcionados pola propia Oficina de Voluntariado.
En canto ao custo, tanto a inscrición como a participación son completamente de balde. O número de prazas, sen embargo, é limitado, polo que aquelas persoas que non obteñan praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda. Para solicitar máis información pódese chamar ao teléfono 662 377 044. A final de curso realizarase unha mostra coas labores creadas ao longo do curso no centro sociocultural de Bertamiráns.
Contido relacionado

Lindeiros: "Obradoiro de corte e confeccion no concello de Ames"




