Pestanas principais

Abre o prazo de inscricións para participar nos contacontos de febreiro da biblioteca de Bertamiráns

Luns, 06 de febreiro de 2023

Dende este luns, 6 de febreiro, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura, desta volta na biblioteca de Bertamiráns, na que se organizan tres sesións de contacontos. Celebraranse os días 14, 15 e 16 de febreiro ás 17:30 horas, e están dirixidos a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 884 829. Para consultar a programación de contacontos do primeiro semestre do ano ao completo pódese premer nesta ligazón.

“Contos para rir” é a nova proposta de contacontos do departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dentro da súa programación para este primeiro trimestre do ano. Trátase de seis sesións de contacontos para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que se desenvolverán tanto en Bertamiráns (o martes 14, o mércores 15 e o xoves 16 de febreiro) como no Milladoiro (o martes 28 de febreiro e o mércores 1 e xoves 2 de marzo). Todas as sesións terán lugar ás 17:30 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto para as sesións que van ter lugar na biblioteca de Bertamiráns, dende hoxe, luns 6 de febreiro, ata o vindeiro sábado, día 11.

No caso das inscricións da biblioteca do Milladoiro, deberán facerse entre o 20 e o 25 de febreiro, escribindo a biblioteca@concellodeames.gal e indicando nome, apelidos, idade dos nenos/as e teléfono de contacto; ou chamando ao 981 530 807.

Para consultar a programación de contacontos do primeiro semestre do ano ao completo pódese premer nesta ligazón.

Obradoiros de Entroido
Co gallo da celebración do Entroido, as bibliotecas preparan estes días un novo obradoiro, que xirará arredor da creación de máscaras do Entroido galego tradicional. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 10 de febreiro no Milladoiro (aínda quedan prazas dispoñibles) e o sábado 18 en Bertamiráns. É preciso anotarse previamente para participar, e as inscricións pódense facer escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de asistir ao de Bertamiráns).

Encontros literarios do mes de febreiro
Así mesmo, as bibliotecas continúan coas propostas de animación á lectura para adultos, os encontros literarios que teñen lugar no Pazo da Peregrina. O pasado xoves 2, Xosé Antonio López Silva presentou a súa obra “Historia natural de Plinio, el bibliotecario del mundo”. Por outra banda, o vindeiro día 16 será a quenda de Martiño Santos Canosa, que achegara a Ames unha guía para adestrarse no mundo do viño galego, “A nación dos mil viños”.

Cartaz do contacontos "Contos para rir"

Multimedia

  • Abre o prazo de inscricións para participar nos contacontos de febreiro da biblioteca de Bertamiráns