[15-10-2015] O Concello de Ames, a través da concellería de Educación e Servizos Complementarios, abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. Este servizo municipal desenvolverase tanto en Bertamiráns como no Milladoiro durante os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos. O horario será dende as 7:30 ás 16:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto entre o 13 e o 31 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.
As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as neste servizo municipal poden recoller os impresos no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina , ou na Oficina Municipal do Milladoiro.
A entrega da documentación deberá facerse no departamento de Educación, no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os sábado tamén está aberto o rexistro Xeral da Casa do Concello.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. Esta listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org do departamento de Educación.




