[30-03-2015] A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza para o próximo sábado, 25 de abril, un curso de dinamizador/a infantil, que se desenvolverá no Centro de Formación de Aldea Nova. As inscricións poderán tramitarse entre o 30 de marzo e o 22 de abril. Trátase dun curso gratuíto de 10 horas de formación para poder desenvolver actividades de entretemento e dinamización infantil durante o tempo de lecer dos nenos/as. Esta actividade está dirixida aos mozos e mozas maiores de 16 anos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.
O curso de dinamizador/a infantil será impartido por unha escola de tempo libre nas instalacións do Centro de Formación de Aldea Nova. Será unha sesión única que se desenvolverá o sábado, 25 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. En total son 10 horas de formación na que os participantes verán diversos contidos: animación e dinamización; globoflexia; globoflexia xigante para a decoración; e maquillaxe infantil.
Trátase dun curso gratuíto no que as persoas participantes adquirirán unha formación específica en técnicas de animación e dinamización infantil para o tempo de lecer dos nenos/as. Hai dispoñibles un total de 25 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia á hora de realizar este curso as persoas que estean empadroadas no concello de Ames. Para que se realice este curso ten que haber un mínimo de 15 inscritos/as.
Ás persoas que completen esta actividade de forma correcta entregaráselle un certificado de asistencia. Para obter máis información hai que chamar ao número de teléfono 616 083 229 ou enviar un correo electrónico a dirección omix@concellodeames.org.