Pestanas principais

Abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates Nadal 2013

Martes, 03 de decembro de 2013

[03-12-2013] O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para participar no VIII Concurso de Escaparates Nadal 2013. A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo pon en marcha unha nova edición deste concurso no que os comercios amienses competirán co engalanado dos seus escaparates. Os escaparates deberán estar montados e expostos dende o 14 de decembro de 2013 ata o 5 de xaneiro de 2014. As solicitudes de inscricións poderán presentarse ata o día 13 de decembro, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas, nos rexistro municipais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Municipais do Milladoiro. Repartiranse 2.000 euros entre os catro premios existentes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de solicitude para participar no Concurso de Escaparates Nadal 2013.