Pestanas principais

Abre a inscrición para participar no campamento de patinaxe e hóckey “Verán sobre Rodas”

Luns, 29 de abril de 2019

Comeza a conta atrás para a posta en marcha dunha nova edición do campamento “Verán sobre Rodas”. Durante a última semana de xuño e ao longo do mes de xullo, nenas e nenos de entre 4 e 16 anos de idade poderán gozar da práctica do patinaxe e o hóckey, así como doutras actividades e obradoiros. O campamento terá lugar, ao igual que na pasada edición, no CEIP Agro do Muíño en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. A inscrición, que comeza este luns 29 de abril, poderá realizarse na tenda de deportes Amesport ou enviando a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas desta nova ao enderezo veransobrerodas@gmail.com.

O CEIP Agro do Muíño acolle, un ano máis, unha nova edición de “Verán sobre rodas”. Durante o campamento, os rapaces e rapazas de 4 a 16 anos poderán escoller entre patinaxe e hóckey, actividades que se alternarán con outras moitas actividades como xogos grupais, obradoiros, xogos de auga, deportes e actividades varias. Ditas actividades desenvolveranse a última semana de xuño e o mes de xullo, de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas.

A inscrición e o pagamento débense realizar na tenda de deportes Amesport de Bertamiráns. O prezo por participante é de 50 euros pola última semana de xuño e de 90 euros a quincena. Para familias con máis dun fillo/a habilitase un desconto do 30% a partir do segundo irmán, e do mesmo importe (non acumulable) por quincena adicional para as rapazas/es que participen en máis dunha quincena. O seguro deportivo vai incluído no prezo do campamento.

Pódese obter máis información a través do enderezo veransobrerodas@gmail.com ou mediante os números de teléfono 627 975 723 e 686 437 507.

Abre a inscrición para participar no campamento de patinaxe e hóckey “Verán sobre Rodas”