Xoves, 17 de setembro de 2015
[17-09-2015] A partir do sábado 19 de setembro e ata o 6 de outubro, está aberto o o prazo para inscribirse no programa “Sanauga”, programa de actividades acuáticas orientado ás persoas maiores e as persoas con algún tipo de discapacidade que organiza a concellaría de Benestar e Voluntariado a través da OVA, A Oficina de Voluntariado de Ames. Hai 56 prazas que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición. As clases comezarán o 6 de outubro e impartiranse dous días á semana en horario de mañá. A persoas que queiran inscribirse ou desexen máis información sobre o programa, deben chamar ao teléfono da OVA 662 377 044.




