Pestanas principais

Aberto o prazo para solicitar a adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames

Martes, 29 de xaneiro de 2019

[29-01-2019] Na Xunta de Goberno Local do 17 de xaneiro de 2019 aprobouse a convocatoria, por adxudicación directa, das unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior (aprobada en Xunta de Goberno Local do 26 de outubro de 2017). Os/as interesados/as deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.

Os veciños e veciñas que o desexen poderán solicitar de xeito directo as unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior, aprobada en Xunta de Goberno Local do 26 de outubro de 2017, do cemiterio municipal doas Batáns.

Dentro de dita convocatoria pódese optar a 94 columbarios, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (500 euros) ou 75 anos (552 euros); 58 panteóns tipo A, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros); e 96 panteóns tipo A, situados na rúa número 7, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros).

Dos panteóns tipo B ou nichos independentes da rúa número 2 foron adxudicados 1 panteón tipo B e 6 nichos independentes, o cal permite sacar a licitación un total de 278 nichos independentes, que poderán adxudicarse na modalidade de nichos independentes ou panteóns tipo B.

Deste xeito, pódese optar ao panteón tipo B por un período de 25 anos (3.106,44 euros) ou 75 anos (5.591,60 euros); e aos nichos independentes da rúa número 2, por un período de 25 anos (850 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros). Asemade, pódese optar a 58 tumbas, situadas na rúa 6, por un período de 25 anos (823,21 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros).

Proceso de adxudicación directa
Os panteóns tipo A, da rúa número 1, dispoñen de 3 nichos e 1 columbario, mentres que os panteóns tipo B, da rúa número 2, dispoñen de 4 nichos. Os/as interesados/as deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. As unidades de enterramento serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada das solicitudes e segundo o regulamento vixente.

Os impresos de solicitude poden conseguirse na Casa do Concello (Bertamiráns), nas Oficinas xerais do Milladoiro ou na sección de Avisos da páxina web municipal. O persoal municipal axudaralle á veciñanza para cubrir ditas solicitudes. Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 883 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo atencioncidada@concellodeames.gal.

O goberno municipal abre así unha nova convocatoria de solicitude de unidades de enterramento mediante un proceso mais áxil e directo e permitirá a aqueles interesados en adquirir algunha das unidades, aproveitar o resultado da adquisición do ano pasado sen ter que ir a un concurso público. Desde o Concello infórmase que este trámite directo tan só será posible durante estes meses, procedendo a unha nova licitación aberta pasado o verán.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames cobra 85 € por abrir y cerrar nichos y 228 diarios si usan velatorio"
Compostela 24 horas: "Ames abre o prazo para solicitar a adxudicación directa de nichos no cemiterio municipal"
Lindeiros: "Ames abre o prazo para solicitar columbarios e panteóns"
El Correo Gallego: "Abre o prazo en Ames para pedir as unidades de enterramento"
La Voz de Galicia: "El Concello habilita el proceso para solicitar la adjudicación de nichos"