Pestanas principais

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos organizados pola OMIX

Martes, 22 de xaneiro de 2019

[22-01-2019] A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta unha nova edición do curso English Today!! e do curso de monitora e monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes comeza este martes, 22 de xaneiro, e permanecerá aberto ata o 1 de febreiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e a ficha de inscrición de ambas formacións.

Para realizar a inscrición será necesario enviala, debidamente cumprimentada, ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal ou entregala persoalmente na propia Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto coa documentación requerida en cada caso. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada. A solicitude de inscrición estará dispoñible na OMIX, presente na Casa do Concello en Bertamiráns luns, mércores e xoves, e na Casa da Cultura no Milladoiro martes e venres; e no apartado de descargas desta nova. O prazo de inscrición remata o vindeiro 1 de febreiro. Para obter máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa OMIX de Ames a través do teléfono 616083229 ou do correo electrónico omix@concellodeames.gal.