[02-03-2016] A concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, oferta un curso de formación para monitores de tempo libre, impartido por instrutores da Escola Rural de Tempo Libre. O curso impartirase no Centro de Formación de Aldea Nova, situado na Rúa Costaneira número 2, as fines de semana comprendidas entre os días 19 de marzo e o 15 de maio. O prazo de inscrición remata o día 12 de marzo, sendo necesarias 15 inscricións como mínimo para que o curso se leve a cabo e ofertándose un máximo de 25.Poden participar del as persoas maiores de 18 anos en posesión do título da ESo. O prezo do curso é de 172 euros a pagar en dous prazos. Impartiranse en total 200 horas de clases teórico-prácticas, sempre en fin de semana en horario de 9:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Toda a documentación para solicitar praza debe entregarse nas Oficinas de Rexistro municipal, tanto a folla de inscrición como unha copia do título de graduado na ESO ou equivalente, unha fotografía actual e unha copia do DNI. Podes obter a folla de inscrición premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas.




