[13-07-2011] O Concello de Ames recorda a todas aquelas persoas interesadas en preparar as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria que poden apuntarse na Escola Municipal de Adultos. Para isto só teñen que inscribirse nas oficinas do Concello situadas enfronte da porta principal do Departamento de Educación do Concello de Bertamiráns, presentando unha instancia cuberta no rexistro. Este servizo lévase a cabo co fin de axudar aos adultos a preparar os exames que son necesarios superar para a obtención do graduado en ESO. Para máis información poden chamar ao teléfono do Concello, 981891476 extensión 2005.
Queda aberta a inscrición nos cursos para a preparación das probas para obter o título de Graduado en Educación Secundaria a través das oficinas do Concello situadas enfronte da porta principal do Departamento de Educación do Concello de Bertamiráns, a través da presentación dunha estancia cuberta no rexistro. Para máis información pódese contactar directamente co Concello a través do 981891476 extensión 2005.
Este servizo impártese na Escola Municipal de Adultos creada xa hai 7 anos pola Concellería de Educación e Servizos Complementarios para dar resposta ás necesidades e demandas educativas da poboación adulta do Concello. Nas clases impartidas nesta escola, que teñen lugar no IES de Ames, téntase preparar ás persoas maiores de dezaoito anos para superar os exames necesarios e obter o título de educación secundaria. No curso anterior foron 35 persoas as que asistiron ás clases que se imparten na Escola Municipal de Adultos. Estas clases están centradas na preparación das probas de Graduado en Educación Secundaria. Así mesmo, téntase afondar no coñecemento da lingua galega e reforzar os coñecementos xa adquiridos con anterioridade.




