Pestanas principais

Aberto o prazo para facer a matrícula nas novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames

Sábado, 16 de xullo de 2011

[16-07-2011] Do 18 ao 29 de xullo ábrese o prazo para realizar a matrícula nas novas prazas da escola municipal de Ames. É requisito indispensable estar empadroado no Concello e asistir ao sorteo público. Isto débese a que a admisión do alumnado, no caso de existir máis demanda que número de prazas ofertadas, será por sorteo público que se realizará o mércores 3 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este sorteo farase por instrumento xunto Bertamiráns co Milladoiro, e o comezo das clases será no mes de outubro no IES de Bertamiráns e no CEP de Ventín, seguindo o calendario escolar. Para máis información pódese contactar a través do teléfono 981535940 e do correo electrónico escolademusica@concellodeames.org. As inscricións realízanse na Casa da Cultura do Milladoiro de 9:30h a 13:00h. e no Pazo da Peregrina Bertamiráns de 9:00h a 14:00h.

A Escola Municipal de Música de Ames, EMMA, abre o prazo do 18 ao 29 de xullo para realizar a matrícula nas novas prazas ofertadas para o vindeiro curso, só para os empadroados no Concello de Ames. É indispensable acudir ao sorteo público que se realizará o mércores día 3 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro no cal, se existe máis demanda que número de prazas ofertadas, producirase un sorteo das mesmas. O comezo das clases será en outubro no IES de Bertamiráns e no CEP de Ventín, seguindo o calendario escolar.

Para realizar a matrícula, só é preciso cubrir a primeira folla de matrícula ( datos do alumno/a, instrumento e autorización paterna/materna se é menor...) e unha vez feito o sorteo (mércores 3 de agosto ás 20:30 na casa da cultura do Milladoiro) as persoas que obteñan praza deberán entregar o resgardo do ingreso do importe da matrícula (no número de conta de Caixa Galicia do Concello), 2 fotos e a domiciliación bancaria cuberta. As clases de Música e Movemento son para nenos/as de 4 a 7 anos ( nenos/as nacidos entre 2005 e 2007, ambos incluídos) e de Instrumento e Linguaxe Musical de 7 anos en diante (cumpridos no 2011). Toda a documentación a poden atopar a continuación do presente texto e na sección Avisos.

Para máis información:

Teléfono: 981 535940

escolademusica@concellodeames.org

Inscricións:

Casa da Cultura do Milladoiro: de 9:30h a 13:00h

Pazo da Peregrina Bertamiráns: de 9:00h a 14:00h

Contido relacionado