Mércores, 05 de xullo de 2017
[05-07-2017] Desde o día 1 de xullo está aberto o prazo de inscrición do Setembro Lúdico, o cal permanecerá aberto ata o día 15 do mesmo mes. Este programa de conciliación terá lugar todas as mañás entre os días 1 e 8 de setembro. Ofrece, como o resto dos programas lúdicos organizados polo Concello de Ames ao longo do ano, a posibilidade de solicitar o servizo de almorzo ou o de xantar. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o formulario de inscrición.




