Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Vidreiras Artísticas dirixido a mozos de entre 15 e 18 anos

Luns, 18 de xuño de 2012

[18-06-2012] Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Videiras Artísticas organizado polo Concello de Ames e dirixido a mozos/as de entre 15 e 18 anos. Desde hoxe e ata o vindeiro 26 de xuño, os interesados e interesadas poden anotarse de xeito gratuíto no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ou na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Este curso será impartido por José Luís Tejedor do 2 ao 31 de xullo no Pazo da Peregrina. Hai dispoñibles 12 prazas.

Este obradoiro, organizado pola Concellaría de Cultura, está dirixido a mozos de entre 15 e 18 anos. En total, hai dispoñibles 12 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O curso desenvolverase desde o día 2 ata o 31 de xullo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O horario das clases será de luns a venres entre as 20.00 e as 22.00 horas.

O Obradoiro de Videiras Artísticas será impartido por José Luís Tejedor, que posúe un taller en Bertamiráns no que se dedica á elaboración de vidreiras desde 1994. Tejedor traballa no seu taller con diferentes tipos de vidros e a técnica que máis emprega é a tradicional, unindo os vidros con chumbo, aínda que para acadar determinados efectos usa técnicas como o fussing.