[16-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Nadal Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.
As persoas interesadas en inscribir as súas fillas e fillos poderán recoller os impresos de inscrición no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, ou na Oficina Municipal do Milladoiro. A entrega da documentación deberá facerse no departamento de Educación (rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina), no Rexistro Xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, entre as 9:00h e as 14:00 horas. A documentación tamén poderá ser entregada telematicamente a través do enderezo https://sede.concellodeames.gal/gl