Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición para o danzacontos proposto polo programa Apego

Xoves, 14 de setembro de 2023

O programa Apego prosegue coas súas propostas para o mes de setembro. Desta volta, ábrese a inscrición para participar no danzacontos “Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o vindeiro venres, 22 de setembro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ata o 21 de setembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o último semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón

“Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva” é unha proposta innovadora de contos danzados para explorar emocións a través da lingua e da música que terá como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza. A actividade correrá a cargo de Laura Martínez Rey, e está pensada para familias con crianzas de 1 a 6 anos de idade.

Participar é de balde, e as persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe, día 14 de setembro, ata o vindeiro xoves, día 21. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscricións.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Cartaz do danzacontos do programa Apego

Multimedia

  • Cartaz do danzacontos do programa Apego