Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición para o curso de inglés básico para maiores en Bertamiráns

Mércores, 21 de outubro de 2026

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo curso de inglés básico para maiores. O curso desenvolverase en Bertamiráns e está dirixido a persoas maiores que non teñan ningún tipo de formación en lingua inglesa. As clases comezarán o 27 de outubro e serán impartidas por unha profesora voluntaria. Serán os martes, en horario de 12.00 a 13.00 horas na Casa dos Maiores. Para participar, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou a través do teléfono 662 377 044.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) organiza unha nova edición do curso de inglés básico para maiores Achégate ao inglés na localidade de Bertamiráns. O obxectivo desta iniciativa é ofrecerlle a posibilidade ás persoas maiores de aprender as pautas básicas para desenvolverse nesta lingua a nivel escrito e oral. O curso está dirixido a persoas que non tiveron contacto previo coa lingua inglesa.

As clases comezarán o 27 de outubro e desenvolveranse ata o mes de xuño, os martes en horario de 12.00 a 13.00 horas, na Casa dos Maiores de Bertamiráns, que está situada na praza da Maía. O curso é gratuíto e estará impartido por unha profesora voluntaria.

O prazo para apuntarse xa está aberto, hai 14 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar, deberán enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Aberto o prazo de inscrición para o curso de inglés básico para maiores en Bertamiráns

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición para o curso de inglés básico para maiores en Bertamiráns