[09-04-2018] A Aula de Informática do Milladoiro abre hoxe o prazo de inscrición para as súas actividades dos meses de abril, maio, xuño e comezos de xullo. A programación comezará co obradoiro “Elaboración de documentos con LibreOffice Writer”, no mes de abril, e finalizará en xullo coa realización do curso de mecanografía para mozas e mozos. Polo medio, tamén se desenvolverá o obradoiro “Compras en liña: aprende a comprar de maneira segura”, en maio, e o curso de mecanografía destinado a crianzas, en xuño. O prazo de inscrición destas actividades, que son gratuítas, permanecerá aberto ata que se cubran a totalidade das prazas. A túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as solicitudes de inscrición para cada un dos cursos.




