[09-11-2016] Dende esta semana o departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames abre o prazo de inscrición no obradoiro-charla "Os/as nenos/as e a fala, unha oportunidade". Nel o escritor, sociolingüista e director de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, dará as chaves para analizar a importancia de que as crianzas medren en contacto co galego.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 18:30 horas. O obradoiro ofrece prazas para a participación de 25 familias con fillos e fillas pequenos. Singala tratará de respostar a cuestións relativas á educación en galego: "Como transmitirlles á lingua aos nenos e nenas?", "Que falarlles?", "Por que?", "Como adquiren a linguaxe?" ou "Como van falar?".
Esta actividade enmárcase na programa Apego, de Ames, cuxa oferta de actividades está dispoñibles na páxina web municipal. Para inscribirse as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.




