Pestanas principais

Aberto o período voluntario de ingreso de impostos e taxas municipais

Mércores, 17 de setembro de 2014

[17-09-2014] Desde o día 15 de setembro ao día 20 de novembro está aberto o período voluntario para o pagamento dos seguintes impostos e taxas municipais: Impostos sobre Bens Inmobles Urbanos, Bens Inmobles Rústicos, Bens Inmobles de características especiais, Imposto sobre Actividades Económicas , Taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes, Taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. Podes consultar o Bando da Alcaldía picando a ligazón que está a dereita