Pestanas principais

684 entradas rexistradas no Punto Limpo de Ames durante o mes de abril

Domingo, 14 de xuño de 2026

O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 684 entradas repartidas en 652 no Punto Limpo do Milladoiro, na rúa das Hedras, e 32 no Punto Limpo Móbil durante o pasado mes de abril. Cifras que volven poñer de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia medioambiental e a importancia de separar e reciclar residuos. O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.

Tanto a mestura de formigón, ladrillo e outros materiais como a madeira volveron ser os residuos máis depositados no emprazamento do Milladoiro, cun total de 5.486  e 4.104 quilogramos, respectivamente. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron 1.801 quilogramos de metais, 742 quilogramos de plásticos e 631 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).

En canto ao Punto Limpo móbil, os PAES foron os residuos máis recorrentes, cun total de 34 unidades. Os PAES, con 34 quilogramos, a madeira, con 31 quilogramos, os metais, con 27 quilogramos, os plásticos, con 17 quilogramos, e o aceite vexetal, con 12 quilogramos, foron outros dos refugallos con máis entradas rexistradas nesta unidade móbil.

Mes a mes, as cifras do rexistro en ambos centros de depósito de residuos seguen poñendo de manifesto do nivel de concienciación da veciñanza amesá co medio ambiente e coa importancia que ten para o noso día a día a reciclaxe e a reutilización dos residuos xerados.

Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.

Ampliación do servizo do Punto limpo móbil
O servizo do Punto limpo móbil, que encontrou en funcionamento no 2023, ampliou os seus servizos. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto limpo móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:

-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.

O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "El punto limpio de Ames rebajó las entradas en el mes de abril al contabilizar 684 depósitos"

684 entradas rexistradas no Punto Limpo de Ames durante o mes de abril