Pestanas principais

63 familias de Ames dispoñen de gratuidade para segundos fillos/as nas Escolas Infantís Municipais de Ames

Venres, 29 de xaneiro de 2021

Desde o 1 de xaneiro, só os irmáns e as irmás maiores pagan a atención educativa nas Escolas Infantís Municipais de O Bosque e a Madalena. En Ames son 63 as familias ás que lles afecta esta bonificación. Destas cuestións falouse onte na reunión telemática da Comisión de seguimento do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar á que asistiron o concelleiro de Educación, David Santomil, a concelleira de Facenda, Genma Otero e a técnica do departamento de Educación, Rosa García. Na mesma reunión deuse conta do estado das liquidacións e do cofinanciamento das escolas infantís da rede Galiña Azul.

35 familias cuxos fillos e fillas asisten á Escola Infantil de O Bosque e 28 familias que teñen fillos e fillas cursando o 1º ciclo de Educación Infantil na Escola Infantil Municipal de A Madalena non abonarán este ano os recibos correspondentes á asistencia educativa dos seus segundos e sucesivos fillos. A medida aplícase á unidade familiar de convivencia, independentemente de que os irmáns e as irmás coincidan en tempo na escola ou mesmo sen necesidade de que o primeiro fillo teña asistido a ese centro educativo.

A gratuidade da ensinanza para os primeiros fillos/as e sucesivos aplícase despois de que no mes de setembro se modificase a ordenanza que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís. A Xunta ampliara para o curso 2020-2021 a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos nestas escoalas de titularidade municipal. A Administración autonómica achegaralle fondos aos Concellos para poder sufragar esta medida que se adopta ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

A aplicación da medida que entrou en vigor o 1 de xaneiro foi un dos temas que se trataron onte, 28 de xaneiro de 2021, na reunión telemática da Comisión de seguimento do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar: "Constatamos o cumprimento do compromiso de gratuidade para o segundo fillo e fillos sucesivos sucesivos no 1º ciclo de infantil de 0 a 3 anos. Foi necesario modificar no mes de decembro a a ordenanza fiscal para que isto puidese ser unha realidade neste anos que comeza", declara o concelleiro de Educación, David Santomil, quen tamén lembra o compromiso que ten a Xunta de Galicia con respecto a este tema: "Agardamos agora que a Xunta de Galicia cumpra co seu compromiso e que financie a parte que lle corresponde aportar que é o custo do que o concello de Ames deixa de ingresar por este concepto".

Na reunión telemática da Comisión de seguimento do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar tratouse tamén do estado das liquidacións e o cofinanciamento das escolas infantís da rede Galiña Azul.

Á devandita reunión asistiron o concelleiro de Educación, David Santomil, a concelleira de Facenda, Genma Otero e a técnica do departamento de Educación, Rosa García.

Novas relacionadas:

Compostela 24horas: "63 familias de Ames dispoñen de gratuidade para segundos fillos/as nas Escolas Infantís Municipais"

35 familias cuxos fillos e fillas asisten á Escola Infantil de O Bosque e 28 familias que teñen fillos e fillas cursando o 1º ciclo de Educación Infantil na Escola Infantil Municipal de A Madalena non abonarán este ano os recibos correspondentes á asistencia educativa dos seus segundos e sucesivos fillos. A medida aplícase á unidade familiar de convivencia, independentemente de que os irmáns e as irmás coincidan en tempo na escola ou mesmo sen necesidade de que o primeiro fillo teña asistido a ese centro ed