Pestanas principais

400 mozos brasileiros celebran unha misa na Praza do Concello en Bertamiráns

Xoves, 25 de agosto de 2011

[25-08-2011] Arredor de 400 mozos brasileiros celebraron unha misa esta mañá na Praza do Concello de Ames. Trátase dun amplo grupo de persoas que viñeron a España co fin de participar na Xornada Mundial da Xuventude e que agora, antes de marchar de novo para Brasil esta noite, pasan o día en Bertamiráns paseando polas rúas e anunciando as catequeses para mozos e adultos que se celebrarán os martes e os xoves a partir do día seis de setembro na Capela da Virxe Peregrina en Bertamiráns ás nove da noite.

Os mozos e mozas que se quedaron en Santiago de Compostela durante os días previos á Xornada Mundial da Xuventude e volveron de novo antes de partir cara ao seu país, pertencen á institución católica Camiño Neocatecumennal. Moitos deles coincidían esta mañá en que valeu a pena a experiencia e manifestaron a súa ledicia porque a próxima cidade que acollerá a Xornada Mundial da Xuventude será Río de Janeiro.

Parte dos mozos que celebraron hoxe unha emotiva omilía en Bertamiráns xa estiveran na localidade a fin de semana do 14 de agosto, antes de marchar cara a Madrid. Daquela máis dun cento de mozos pasaran na parroquia de Ortoño a mañá do domingo día 14 cantando polas rúas e anunciando tamén as catequeses que se celebrarán a partir do seis de setembro na Capela da Peregrina.

José Luís Dorelle, o párroco de Ortoño, tamén participou na misa celebrada esta mañá e agradeceu o compromiso dos mozos coa Igrexa e a colaboración que prestaron informando aos amienses do comezo da catequese.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cuatrocientos jóvenes de Brasil continuaron en Ames los actos de las jornadas del Papa"
El Correo Gallego: "Jóvenes brasileños hacen escala en Bertamiráns tras participar en la JMJ"