[02-07-2011] O Concello de Ames puxo en marcha un ano máis a Escola de verán, un xeito lúdico e educativo de pasar as vacacións. Este servizo permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. Esta edición desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas. Os rapaces e rapazas asisten por quincenas. Polo tanto establécense catro quendas (1ª quincena de xullo, 2ª quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de agosto). En Bertamiráns participaron 147 nenos e nenas e no Milladoiro acoden a este servizo uns 178 rapaces e rapazas.

Un xeito diferente de pasar o verán. Ese é o obxectivo deste servizo que pretende ser unha alternativa para que os cativos pasen as súas vacacións dun xeito divertido e educativo. Ademais permítelles ás nais e aos pais conciliar a vida laboral e familiar. A Escola de verán está dirixida aos nenos e nenas que cursaron segundo ciclo de infantil e educación primaria. O servizo desenvolvese nos meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas.
Trátase de facer unha oferta lúdico-educativa para que os 325 rapaces e rapazas que participan neste programa pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación. As actividades que se desenvolven xiran ao redor de grandes áreas como o coidado persoal e medio ambiental, o mar, a gravación dunha película e o mundo do circo. Todos estes temas abórdanse con material especifico para as idades dos rapaces participantes e van acompañados de exemplos gráficos, obradoiros e visitas didácticas que fan este programa de actividades moito máis atractivo.
En Bertamiráns están inscritos un total de 147 nenos e nenas de entre 3 a 11 anos. As actividades nesta localidade desenvolveranse no IES de Ames e no comedor do CEIP A Maía, onde se ofrecen os servizos de almorzo e xantar. A programación de actividades xirará arredor de dúas temáticas diferentes o coidado persoal e o coidado medio ambiental. Arredor destas temáticas organizaranse diversos obradoiros nas aulas e xogos ao aire libre.
Durante o mes de xullo abordarase o coidado persoal das persoas. Os nenos comezarán plantando perexil e pimentos, así como facendo un herbario cas plantas que recollan polos arredores do IES de Ames. Ademais tocaranse temas como a educación para coidar a saúde. Outras cuestións que se tocarán serán a alimentación e a importancia de facer deporte para levar a cabo unha vida saudable. Tamén se abordará a educación artísticas e para iso tocaranse diferentes artes como a da música, a da pintura, etc. Xa no mes de agosto os rapaces e rapazas de Bertamiráns abordarán temas medio ambientais como o coidado dos bosques, obradoiros de reciclaxe, etc.
O mundo do cine e do circo
No Milladoiro participan 178 nenos e nenas, que cursaron educación infantil e educación primaria. As actividades que terán lugar no Milladoiro xirarán arredor do mundo do cine e do circo. Durante o mes de xullo van preparar unha película sobre algún tema que estea relacionado co mar (piratas, naufraxio, etc.). Os nenos/as serán os principais protagonistas desta actividade xa que realizarán o papel de guionistas, produtores, escenógrafos, directores, actores... é dicir, representarán todas as profesións que son precisas para a gravación dun filme. O primeiro que realizarán será elaborar o guión e realizar un cásting para elixir aos actores. A continuación realizarán a escenografía e durante os últimos quince días de xullo levarán a cabo a gravación. O visionado da película farase o último día da Escola de verán do mes de xullo.
Durante o mes de agosto seguirán as actividades que están relacionadas co mundo do espectáculo, pero esta vez centraranse no mundo do circo. Os nenos/as coñecerán o funcionamento dun circo, o xeito de vida itinerante que levan a cabo e todos os personaxes que participan nas funcións. Estas actividades combinaranse con xogos e obradoiros.
Nesta localidade as actividades desenvólvense en dous espazos diferentes. Na escola infantil Milladoiro realízanse as actividades dos rapaces e rapazas de segundo ciclo de educación infantil e no pavillón estarán os nenos e nenas que cursaron educación primaria. O servizo de comedor ofrecerase na EEI Milladoiro.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Un total de 325 niños participarán en la Escola de verán"




