[14-12-2017] Ao longo de hoxe poderanse ver numerosas tendas de campaña ao lado da Casa da Cultura do Milladoiro, as cales acollerán aos preto de 300 militares que están a realizar o camiño de Santiago desde Pontevedra. Os militares, que fan parte da Brigada de Infantaría Galicia 7 do Exército de Terra, chegarán mañá ao Monte do Gozo compostelán.
Son preto de 300 os militares que hoxe acamparán no Milladoiro, nas inmediacións da Casa da Cultural municipal. Vidos desde Pontevedra, os militares, que fan parte da Brigada de Infantaría Galicia 7 do Exército de Terra, chegarán mañá a Santiago de Compostela. A realización deste tramo do Camiño fai parte das probas de marchas de endurecemento, encadradas dentro do seu programa de instrución.
As tendas instaladas serán usadas como comedores provisionais polos militares, que pasarán a noite no pavillón municipal do Milladoiro.




