Pestanas principais

28 rapazas e rapaces amesáns partiron onte ao campamento de verán Mar de Cangas

Venres, 14 de xullo de 2017

[14-07-2017] Estarán de volta o vindeiro 20 de xullo, despois dunha semana cargada de actividades. Ao longo destes sete días, practicarán deportes acuáticos como surf, body board, snorquel e scooter. De igual maneira tamén aproveitarán para coñecer a contorna de Cangas e as Illas Cíes. O campamento está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade.

O campamento Mar de Cangas está orientado, fundamentalmente, á práctica de deportes acuáticos. Porén tamén se realizarán algunhas visitas para coñecer a contorna. Durante a mañá de hoxe, as rapazas e rapaces participantes tiveron a oportunidade de coñecer a vila de Cangas. De igual maneira, o vindeiro luns, 17 de xullo, realizarán unha excursión ás Illas Cíes. Alén dos deportes de auga e das excursións, tamén sobresae o desenvolvemento dunha aula de novas tecnoloxías na que, entre outras actividades, realizarán programas de radio e se filmará unha curta. Polas noites, despois da cea, continuará a diversión con actividades diferente cada día: haberá, por exemplo, un “Cluedo” ao vivo, un asalto ao castelo e unha noite meiga. A última noite celebrarase unha festa de despedida para pór punto e final ao campamento.

As 28 rapazas e rapaces participantes, que están entre 4º da ESO e 2º de Bacharelato, están acompañados por monitores de tempo libre e de educación ambiental, expertos en actividades acuáticas, escalada e animación, entre outras áreas. Durante estes días, tanto monitores como participantes pasarán as noites nunhas aulas adaptadas con liteiras, no Colexio Eduardo Pondal de Cangas.

Un campamento libre de móbiles
Os móbiles das rapazas e rapaces participantes son gardados polas monitoras e monitores durante o día e só se lles facilita durante os tempos libres. En caso de emerxencia, nais e pais poden contactar coa directora do campamento, Helena González, a través do número de teléfono 662244787. Asemade, tamén está dispoñible un correo electrónico: campamento.cangas@vidalactea.com.