Pestanas principais

20 persoas participaron na 1º saída do outono para buscar cogomelos

Martes, 05 de outubro de 2021

As Brañas da Devesa, Sisalde e os piñeirais de Agro do Muiño, Todos estes espazos, pertencentes á Rede Natura 2000, constituíron o territorio da 1º saída que a Aula da Natureza, dependente da concellaría de Medio Ambiente, organizou este outono para buscar cogomelos. A actividade estivo guiada pola bióloga Sira López quen ademais de ofrecer información sobre as especies atopadas, insistiu en coidar os espazos naturais cos que conta o concello e advertiu da necesidade de recoller só aqueles exemplares que se coñecen  ao cen por cen.

O temporal de vento e auga imperante o pasado domingo non impediu que unhas vinte persoas se animasen a saír ao monte na procura dos primeiros exemplares de cogomelos. “Non se atoparon moitos, pero eso sí, de moitas variedades”, comentou a responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, que acompañou ao grupo nesta saída.

Patricia, como o resto dos/as integrantes do grupo escoitaron atentamente as explicación da bióloga Sira López, gran coñecedora dos fungos que guiou nesta ocasión a actividade. Os/as asistentes obtiveron información en primeiro lugar sobre os grandes grupos de cogomelos Agaricales, Cortinariales, Amanitas ou Rúsulas, para pouco a pouco comezar a diferenciar xéneros e nalgúns casos incluso chegar até especie.

En todo momento impúxose o respecto polo monte, tanto no xeito de recoller os cogomelos como de transportalos ou descartalos.

Para o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens, afeccionado tamén aos cogomelos, estas saídas son moi importantes á hora de educar á cidadanía: “As saídas xa son importantes para que a xente que decote sae ao monte na procura de fungos, saiba que exemplares pode apañar e consumir con seguridade, pero ademais teñen tamén o valor engadido de axudar a concienciar sobre a necesidade de respectar e coidar o noso entorno natural”.  

Tamén se fixo moito fincapé nos contornos nos que se desenvolveu a saída, lembrando a inclusion da Gándara de Bertamiráns como espazo Rede Natura 200 non LIC Ulla - Deza e a conservación das Brañas da Devesa como unha das poucas que queda sen desecar en Galicia.

A saída serviu tamén para lembras aos afeccionados aos fungos e e os cogomelos que únicamente se deben recoller para comer aqueles exemplares que se coñecen ao 100% e que de ningún modo se deben mesturar estes non con outros exemplares recollidos para estudo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: Educan na Rede Natura de Ames na recollida segura de cogumelos

AMSGO: A Aula da Natureza ensinou á veciñanza a distinguir os cogomelos

Saída cogomelos