[27-02-2012] A Oficina de Voluntariado de Ames desenvolve un programa de apoio escolar e actividades complementarias para nenos e nenas en risco de exclusión social. Para levar a cabo este proxecto é fundamental a colaboración de seis voluntarias (dúas no Milladoiro e 4 en Bertamiráns). Este servizo ofrécese nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Cada voluntaria atende tres rapaces. Ao dispor de grupos reducidos, os rapaces que participan neste programa reciben unha atención directa e personalizada. Dende a Oficina de Voluntariado están en permanente contacto cos centros de ensino e cos profesores/as para prestar un servizo máis eficaz. Este programa desenvólvese dende o mes de setembro e ata o mes de xuño.
O Concello de Ames, a través da A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) dependente da Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado puxo en marcha no pasado mes de setembro unha nova edición do proxecto de apoio escolar e actividades complementarias para menores en risco de exclusión social. O programa está destinado a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos con algunha problemática social ou familiar asociada que repercuta no seu atraso escolar. Os nenos/as que participan neste programa están derivados dos servizos sociais municipais.
Este proxecto, ademais de incluír o apoio escolar, tamén pretende ensinar aos nenos e ás nenas a empregar o seu tempo de lecer dunha maneira máis proveitosa. Neste momento o proxecto desenvólvese nas Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O programa de apoio escolar é posible grazas á colaboración de seis voluntarias que son as encargadas de impartir as clases de reforzo. Dúas voluntarias prestan os seus servizos no Milladoiro e catro en Bertamiráns.
Para establecer o horario no que se imparten as clases tívose en conta a opinión dos pais e nais e dos propios alumnos/as. Deste xeito, estableceuse un horario adaptado ao tempo libre do alumnado. Ademais, os alumnos/as foron repartidos en pequenos grupos de dúas ou tres persoas. As clases impártense dous días á semana durante hora e media cada dia. Ao dispor de grupos reducidos, os rapaces e rapazas que participan neste programa reciben unha atención directa e personalizada. Dende a Oficina de Voluntariado están en permanente contacto cos centros de ensino e cos profesores/as para prestar un servizo máis eficaz.
A través deste programa, as voluntarias axudaranlles aos nenos/as a facer as diferentes tarefas que lle encomendan no colexio. Trátase dun programa de reforzo escolar. Este servizo desenvolverase dende de setembro ata o mes de xuño.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Voluntarios amienses prestan apoyo escolar a dieciocho niños"
El Correo Gallego: "Apoyo escolar en Ames para 18 chavales que están en desventaja social"




