O pasado sábado, 27 de abril, as 18 rapazas e rapaces que están participando este ano no curso de monitor de tempo libre remataron as 200 horas teórico-prácticas. A formación, que comezou a primeira fin de semana de febreiro, foi impartida no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, principalmente os sábados e os domingos, en horario de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00 horas. Agora quedan 150 horas de prácticas, que poderán desenvolver en dous anos. Algúns das 18 alumnas/os poderán facer as prácticas nas actividades de verán do propio Concello. O curso, homologado pola Xunta de Galicia, foi organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX).
O curso de monitora e monitor en tempo libre comezou a primeira semana de febreiro, coa participación de 18 alumnas e alumnos. O curso, que ten unha duración total de 350 horas, inclúe contidos específicos de medio ambiente e educación ambiental, primeiros auxilios básicos, atención a colectivos desfavorecidos ou persoas con diversidade funcional e coñecementos de manipulación de alimentos. Así mesmo, nel tamén se abordan outras disciplinas como a animación deportiva, o xogo ou a psicoloxía.
As 350 horas de duración divídense en dous bloques: un primeiro teórico-práctico de 200 horas e un segundo integramente práctico de 150. O pasado sábado, 27 de abril, as rapaces e rapaces que están participando este ano no curso de monitor de tempo libre remataron as 200 horas teórico-prácticas. Este primeiro bloque estivo composto por 21 sesións que englobaron a área da psicoloxía, da animación, da educación ambiental e da natureza, da educación para a saúde, da organización e dos recursos e da metodoloxía educativa.
Participación no programa MOVET
Ademais de dinámicas varias no Pazo da Peregrina, tamén se desenvolveron actividades polo beira do río e do paseo fluvial e no propio casco urbano de Bertamiráns. Nesta edición o alumnado tamén participou noutras iniciativas como a participación no programa MOVET de fomento da actividade física da Asociación Ambar de Riveira e visita ás instalacións xuvenís da Xunta de Galicia como foi o Complexo Xuvenil das Mariñas (Gandarío e Mariña Española).
Durante o desenvolvemento da parte teórica deste curso, achegáronse alumnos/as doutras edicións do curso de monitor de tempo libre de Ames, que lles contaron a súa experiencia tanto nas prácticas pasadas como na súa traxectoria profesional como monitores. Esta iniciativa foi moi interesante e tivo moi boa acollida polo alumnado deste ano.
150 horas de prácticas
O segundo bloque do curso está conformado por 150 horas de prácticas en actividades de tempo libre supervisadas por unha titora ou titor. Este segundo bloque conta con dúas modalidades de realización: 14 días de participación nunha actividade ao aire libre, que se poderán agrupar en bloques non inferiores a tres días, ou 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre. O alumando dispón dun prazo de dous anos para facer as prácticas. Algúns dos 18 rapaces e rapazas que están participando neste curso poderán facer as prácticas nas actividades de verán do propio concello.







