[04-07-2018] O campo municipal de Bertamiráns acolleu do 25 ao 29 de xuño o VII campus de fútbol 8 do Bertamiráns FC, no que participaron 101 nenos e nenas de 6 a 12 anos, correspondentes ás categorías prebenxamin, benxamín e alevín. O campus incluíu traballo específico para porteiros e para xogadores de campo divididos por defensas, medios e dianteiros, así como diferentes actividades lúdicas e xogos populares. Ao acto de clausura asistiron o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, así como o presidente e vicepresidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño e Julio Villaverde.
Ao longo de cinco días, 101 rapaces e rapazas participantes no campus de verán do Bertamiráns FC, aprenderon nocións específicas sobre xogo, mais tamén tiveron a oportunidade de gozar do tempo libre con diferentes actividades de carácter lúdico. O campus desenvolveuse no campo municipal de fútbol de Bertamiráns. As diferentes actividades foron impartidas por un grupo de 15 monitores e 2 adestradores de porteiros, pertencentes tanto ao Bertamiráns FC como a outros clubs.
Deste xeito, os rapaces e rapazas traballaron diversos aspectos do xogo como a habilidade co balón, os regates, os cambios de ritmo, etc. Tamén practicaron as accións de tiro e remate, así como a condución do balón con centro e o remate en el plano técnico. Outro dos aspectos traballados foi a entrada ao balón, control e pase, o desmarque e a marcaxe do contrario. Todas estas actividades remataron con xogos de un contra un e traballo de centros e remates para mellorar estes aspectos do xogo.
A dinámica de traballo foi a mesma ao longo da semana: visionado de vídeo, traballo no campo, actividades lúdicas (baño na piscina), descanso para almorzar, visionado de vídeo e traballo no campo de xogo. Os porteiros/as tiveron un traballo específico. Así, traballaron aspectos como a blocaxe do balón, coas súas variantes de caída e estirada, onde se realizaron unha serie de “palomitas” e “estiradas” espectaculares por parte dos participantes. Outras aspectos traballados foron os desvíos e prolongacións de balóns.
O último día do campus os e as participantes levaron a cabo distintas competicións sobre todos os principios técnicos que desenvolveron nos días previos: condución, control, pase, regates, cambios de ritmo, desmarques, marcaxes, etc. Ao acto de clausura asistiron o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, así como o presidente e vicepresidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño e Julio Villaverde.




