[03-05-2011] O pasado venres pola mañá tivo lugar unha xornada de iniciación ao baloncesto para os cativos de 5 e 6 anos da Escola de educación infantil do Milladoiro. Con esta actividade o que se pretendeu foi proporcionarlles unha mañá divertida e complementaria ás actividades habituais de educación física que realizan dentro da programación do centro de ensino, ademais de interesalos por un deporte en auxe que conta cada día con máis seguidores. Un centenar de nenos de 5 e 6 anos participaron nesta xornada que se desenvolveu dende as 10:00 h. ata as 13:30 horas.
O goberno municipal aposta polo deporte como vía para desenvolver unha vida saudable sen malos hábitos e para formar as persoas en valores tan importantes como poden ser a deportividade, o respecto e a tolerancia. Para iso ten en marcha un servizo de escolas deportivas no que participan máis de 800 nenos e nenas. Pero este servizo non é o único que se desenvolve para fomentar o deportes entres os máis cativos/as. O pasado venres o Concello de Ames realizou unha xornada de iniciación ao baloncesto que estivo dirixida ao alumnado da Escola de educación infantil do Milladoiro.
Os nenos e nenas de 5 e 6 anos da EEI do Milladoiro gozaron o pasado venres pola mañá dunha xornada deportiva que xirou arredor do baloncesto na que puideron divertirse e familiarizarse con este deporte. Uns 100 cativos tomaron parte nesta iniciativa que se desenvolveu entre as 10:00 h. e as 13:30 horas. A través desta actividade intentouse que os nenos e nenas se interesen pola práctica dunha actividade deportiva en auxe e moi completa como é o baloncesto. Ademais ofrecéuselles unha alternativa complementaria ás actividades tradicionais de educación física que desenvolven no seu día a día.
A xornada, que se desenvolveu no pavillón polideportivo do Milladoiro, contou con actividades de adestramento e xogo de baloncesto, para as cales o equipo empregado, como as canastras, estiveron especialmente adaptadas ás características físicas de nenos e nenas de corta idade. Outro dos elementos específicos que se empregou nesta actividade foi un balón de menor dimensión para facer máis doada esta actividade. Os rapaces estiveron divididos en oito grupos de entre 12 e 13 nenos/as. Quizais nalgún dos nenos e nenas que o venres se introduciron no mundo do baloncesto teñamos algún xogador de elite o día de mañá.




