-NIVEL 3 (VERMELLO): PONTEVEDRA (INTERIOR).
-NIVEL 1 (AMARELO): PONTEVEDRA (RIAS BAIXAS), A CORUÑA (NOROESTE, INTERIOR E SUROESTE) e OURENSE (MONTAÑA).
Segundo Meteogalicia as altas presións están localizadas ao norte da península ibérica, onde quedarán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores. Desde esa posición, impedirán que cheguen influencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur. Isto deixará ceo despexado, vento en calma e temperaturas elevadas nos próximos días.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de autoproteción que deben adoptar.
SE CHEGAN A DARSE AS PREDICIÓNS, PRODUCÍNDOSE SITUACIÓNS DE EMERXENCIA OU URXENCIA DEBERÁ INFORMAR A ESTE CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 GALICIA.
No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es





