Pestanas principais

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de vaga de calor

Luns, 21 setembro, 2026
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa dun episodio de vaga de calor para mañá martes, 22 de setembro, nas seguintes zonas isoclimáticas que atoparanse nos seguintes niveis de alerta:

-NIVEL 3 (VERMELLO): PONTEVEDRA (INTERIOR).

-NIVEL 1 (AMARELO): PONTEVEDRA (RIAS BAIXAS), A CORUÑA (NOROESTE, INTERIOR E SUROESTE) e OURENSE (MONTAÑA).

Segundo Meteogalicia as altas presións están localizadas ao norte da península ibérica, onde quedarán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores. Desde esa posición, impedirán que cheguen influencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur. Isto deixará ceo despexado, vento en calma e temperaturas elevadas nos próximos días.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de autoproteción que deben adoptar.

SE CHEGAN A DARSE AS PREDICIÓNS, PRODUCÍNDOSE SITUACIÓNS DE EMERXENCIA OU URXENCIA DEBERÁ INFORMAR A ESTE CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 GALICIA.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Multimedia